Monday 06 de May de 2024

Abegondo será escenario o martes da exhibición de medios da Garda Civil


• A actividade, con carácter solidario, diríxese aos escolares pola mañá e será aberta ao público pola tarde

O O Concello de Abegondo acolle o vindeiro martes, 9 de abril, unha exhibición dos medios de seguridade por parte da Garda Civil. Trátase dunha iniciativa con carácter solidarios, xa que se recollerán alimentos destinados ás familias en risco de exclusión social.
A actividade terá lugar no campo dá feira, en San Marcos. Pola mañá, en horario de 10.00 a 14.00 horas, estará dirixida a centros educativos. Acudirán varios da comarca, entre os que se atopan o CEIP San Marcos e o IES de Víos.
Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, a exhibición estará aberta ao público en xeral.
A exhibición mostrará os diversos servizos de seguridade do Instituto Armado. Participarán os guías caninos con cans que ensinarán como detectan drogas ou explosivos, robots desactivadores de explosivos, o Servizo Aéreo co seu helicóptero, ou o Grupo de Rescate de Montaña.
A Garda Civil e o Concello de Abegondo animan aos asistentes para colaborar levando alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal ou produtos de limpeza.
O goberno municipal agradece á Garda Civil o desenvolvemento desta iniciativa en Abegondo, que servirá para ensinar un o servizo público esencial para a cidadanía que prestan os seus efectivos..